IniciosociedadeO parque de Suafonte abrirá ao público "nos vindeiros días" trala súa...

O parque de Suafonte abrirá ao público “nos vindeiros días” trala súa reforma

O goberno local en funcións pretende converter o espazo, no que se instalará unha fonte con chorros programables e luz nocturna, nun miradoiro ao porto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou este xoves que as obras de reforma que está a realizar no parque de Suafonte están “a piques de rematar”, de xeito que o espazo abrirá ao público “esta semana ou a que vén“. Así o afirmou o alcalde en funcións, o socialista Alfredo Llano.

O proxecto inclúe a posta en marcha dunha fonte con seis chorros de auga programados e iluminación nocturna. Llano resaltou que nas luces “pódense utilizar diferentes cores para celebrar algún acontecemento especial, como pode ser o día do cancro ou da violencia de xénero“. 

Llano, que visitou a zona acompañado do concelleiro de obras burelao, Ramiro Fernández Rey, considera que as obras “incrementan o atractivo” do parque, coa intención de que supoña “un miradoiro para o porto” que tamén permitirá ver “as pinturas do certame de murais Amarte. Ten unha vistosidade extraordinaria porque está moi ben situado, cunha zona central de que vai ser moi visitada”, afirma o rexedor en funcións.

Parque Suafonte de noite. AXM

ATRAER AOS MÁIS NOVOS

Outro dos obxectivos é atraer crianzas e a mocidade, dado que “imos ampliar a zona de esparcemento dos rapaces con novos xogos e novas atraccións, e imos procurar organizar tamén as flores, as plantas e as árbores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...