IniciosociedadeViveiro retirou 550 ovos de gaivota, 166 polos e 356 niños de...

Viveiro retirou 550 ovos de gaivota, 166 polos e 356 niños de gaivota das zonas urbanas

O servizo de control da ave documentou a presenza de 186 parellas nidificantes, das que 184 foron intervidas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fixo balance do servizo de control da gaivota patiamaela iniciado o pasado mes de maio, que retirou 550 ovos de gaivota, 166 polos e 356 niños.

O servizo estendeuse ata agosto e coincidiu coa tempada de cría. Este servizo foi realizado por unha empresa especializada que conta cos pertinentes permisos da Xunta de Galicia para o control poboacional da gaivota, para a retirada de niños, ovos e polos e a posterior xestións dos mesmo, cumprindo sempre as pautas que marca a Lei de Benestar Animal para este tipo de actuacións.

“Evitar o cremento desmesurado da poboación, así como posibles pragas e problemas de salubridade pública derivados do mesmo, ao tempo que asegurar o benestar da especie”, foron os obxectivos do plan.

198 INTERVENCIÓNS NO CASCO

O goberno local viveirense sinala que se atenderon un total de 139 reclamacións causadas por gaivotas, coa seguinte distribución mensual: 86 en maio, 35 en xuño, 16 en xullo e 2 en agosto; houbo outras 15 solicitudes por distintas causas.

Realizáronse 307 visitas de intervención, motivadas por nidificación de gaivotas nos tellados e caída de polos en patios interiores ou rúas; a maior parte destas actuacións tiveron lugar dentro do casco histórico e aledaños, un total de 198.

COVAS, CELEIRO E XUNQUEIRA

As restantes tiveron lugar en Covas (61 actuacións), Celeiro (29 actuacións) e Xunqueira (19 actuacións). Nestas visitas, accedeuse a 586 tellados e localizaronse un total de 356 niños, “logrando resolver a totalidade das reclamacións interpostas”. Ademais, “constatouse que o nacemento de polos se viu minimizado polo comezo do servizo nas datas recomendadas”.

CONTINUARASE CO SERVIZO

Segundo indica o executivo municipal, Viveiro foi o primeiro concello da provincia de Lugo en ofrecer este servizo e grazas a esta iniciativa, ademais da retirada de niños, ovos e polos referida, puido realizarse un censo actualizado da poboación de gaivotas, no que consta a existencia de 186 parellas nidificantes, das que 184 foron intervidas, retirándolle o niño, ovos e/ou polos.

O Concello cre que o servizo foi “un éxito” e que “precisa de continuidade no tempo para que estes primeiros resultados se poidan consolidar e mellorar. Deste xeito, o goberno municipal afirma que se están a realizar “as xestións oportunas” para continuar prestando este servizo nos vindeiros anos.

POMBA

Ademais, sostén o goberno local, o vindeiro ano tentarase dispór un “servizo de control poboacional da pomba común debido ás queixas veciñais existentes e á insalubridade xerada por esta especie nas zonas onde se instala”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...