IniciosociedadeFalece Ramón Villapol, alcalde de Trabada entre 1982 e 1991

Falece Ramón Villapol, alcalde de Trabada entre 1982 e 1991

O empresario que impulsou o coñecido grupo do sector forestal morreu aos 78 anos na Coruña

Publicada o

- Advertisement -

O que fora alcalde de Trabada durante algo máis de dúas lexislaturas, Ramón Villapol Valea, faleceu o pasado luns na Coruña aos 78 anos de idade.

Empresario do sector forestal e madereiro, Villapol accedeu á alcaldía no 1982, trala renuncia de Celso Currás López. Renovou o mandato no 1983 con Coalición Popular-Alianza Popular e tamén no 1987. Ostentou o bastón de mando en Trabada ata 1991, ano no que foi relevado por José Manuel Yanes Ginzo.

Villapol, ao igual que os catro alcaldes da democracia en Trabada, foi homenaxeado no pasado mes de xaneiro con motivo dos 40 anos de corporacións democráticas no municipio, nun acto ao que non puido asistir.

O FUNERAL, O MÉRCORES

O seu funeral será o vindeiro mércores, coa condución do seu corpo ás catro e media da tarde desde a casa mortuoria, no local familiar (detrás do Bar Villapol), ata a Igrexa de Santa María de Trabada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...