A vixésimo sétima edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de agosto, presentarase este venres en Madrid, na sede de Pangea, a tenda de viaxes máis grande do mundo.
No acto de presentación da festa, dirixido ao sector turístico e medios de comunicación, participarán o responsable de relacións institucionais da Asociación Pueblos más Bonitos de España, Pedro Fernández Arroyo, e o blogueiro Diego Pons, impulsor de ‘Viajando con Diego‘.
PROGRAMA
O programa da cita, organizada polo Concello en colaboración coa Deputación de Lugo e Abanca, inclúe actuacións musicais, pezas de recreación histórica, demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación. Ademais, os visitantes poderán mercar en postos de artesanía e gastronomía.