Canto de Samaín celta ten o que festexamos hoxe en día? Canto do Halloween americano? E se o verdadeiro é o Magosto? E se estamos cambiando castañas por caveiras, sen moito xeito?
O memorial dos mortos de raigame celta que perdurou durante centos de anos celebrábase no monte e estaba moi enraizado á recolleita dos froitos, e concretamente, das castañas. Un ritual que chegou a Norteamérica a través da emigración dos irlandeses e escoceses no séculos XVIII e XIX. “Os cazadores de novidades europeos importaron nos últimos anos unha festividade que os EE UU levaran de Europa“, di o antropólogo Manuel Mandiales.
“Quen somos nós para criticar que hoxe se celebre unha especie de Samaín crioulo?” – pregúntase Losada. “Realmente toda manifestación cultural incorpora elementos de recente creación. A única instancia soberana é a sociedade, así que se o entende apropiado, quen somos para negar esa realidade?”, expón outro antropólogo, Miguel Losada.
Podes ler a reportaxe completa de Uxía Iglesias no Galicia Confidencial.