A alerta vermella activarase este sábado na Mariña Lucense tras empeorar o prognóstico realizado pola Asociación Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que situaba a advertencia de risco extremo nos litorais da Coruña e Pontevedra, reservando para a Costa de Lugo o aviso laranxa, de segundo grao de perigosidade.
A xornada do sábado comezará coa alerta laranxa activada por ventos (de ata 100 quilómetros por hora) e temporal costeiro, con aire do oeste de forza 8 ou 9 e mar combinado do oeste con ondas de ata oito metros.
O tempo empeorará pola tarde, cando a borrasca Fabien se deixará sentir con maior virulencia. A partir das 15.00 horas agárdanse ventos do suroeste de risco extremo, con refachos de ata 140 quilómetros por hora, unha situación que se espera dure ata as 4.00 da madrugada do domingo.
20/12 11:45 #AEMET actualiza #FMA en Galicia. Activos hoy y mañana. Nivel máx rojo. Imagen del mapa de avisos en vigor a las 11:45 . Para ver una tabla de avisos actualizada haga CLIC EN LA IMAGEN o visite https://t.co/L2maiFjIpg https://t.co/zGXvSD5S4b
— AEMET (@AEMET_Esp) December 20, 2019
A alerta vermella por temporal costeiro ficará activa desde as 18.00 horas. O prognóstico é de aire do oeste ou suroeste de forza 10, con mar combinado do este con ondas de ata nove metros. A ondada seguirá ata o mediodía do domingo.
Conforme avance o día 22 recuperaranse valores máis normais, dentro dun aviso laranxa tanto por aire como por temporal costeiro. Agárdanse ao longo do día refachos de 100 km/h e ondas de ata oito metros. Podes consultar o prognóstico nesta ligazón.
RECOMENDACIÓNS
Aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras, marisqueiras e deportivas nas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.
A Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas. Debido ao temporal costeiro, recoméndase permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso evitar aproximarse a diques, rompentes, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.
A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Ademais, é recomendable consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
VIVEIRO PECHARÁ O BELÉN A TAMAÑO NATURAL
O Concello de Viveiro anunciou que procederá ao peche do parque Pernas Peón e do belén a tamaño natural “Viveiro ante o berce”.