IniciosociedadeGuía para non perder as Cabalgatas de Reis Magos na Mariña

Guía para non perder as Cabalgatas de Reis Magos na Mariña

Teatro, contacontos, festas infantís ou o parque RibaXogo serán algúns dos alicientes na máxica tarde-noite do domingo, coa visita de Melchor, Gaspar e Baltasar

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense prepárase para unha longa fin de semana de maxia na que os pícaros serán os protagonistas. Os pequenos agardan xa a chegada, o domingo 5, dos Reis Magos, que percorrerán incansablemente a bisbarra para colmar de cousas boas ás crianzas. O Xornal da Mariña presenta unha guía para non perder o paso pola comarca de Melchor, Gaspar e Baltasar.

BARREIROS

En Barreiros, o programa é o seguinte:

16.30 horas / Celeiro de Mariñaos: “Tarde de Reis”
Organiza: Asociación Irmandade San Caetano
19.00 horas / San Miguel de Reinante: Recepción dos Reis Magos
Organiza: Asociación de Veciños de San Miguel
19.30 horas / San Pedro de Benquerencia: Cabalgata e recepción dos Reis Magos
Organiza: CIR Benquerencia
20.00 horas / San Cosme de Barreiros: Cabalgata e recepción dos Reis Magos
Organiza: Concello de Barreiros

BURELA

A Sociedade Cultural Ledicia informa de que a Cabalgata de Reis de Burela partirá ás 19.00 horas da tarde dende a Rúa do Ril, pasando por Arcadio Pardiñas, Eijo Garay, Rosalía de Castro, Curros Enriquez e Pardo Bazán; rematando o percorrido cunha visita ao Belén Vivinte instalado na carpa da Praza da Mariña, onde as Suas Maxestades recollerán os encargos de nenos e maiores.
Previamente visitarán a Residencia de Maiores, e a zona infantil do Hospital da Costa. Coa chegada da cabalgata á plaza, poderase disfrutar da Rosconada organizada por CCA Burela, que contará con premios e sorteos.

CERVO

No municipio de Cervo, os Reis sairán ás 18.00 horas do pavillón da Veiga de San Cibrao. Tralo seu percorrido pola vila, ás 19.00 espéraselles nas escolas vellas da capital municipal. A continuación, sobre as 20.30 horas, o grupo de teatro O Bordelo presentará a súa nova obra, ‘Conquistando ilusións‘. Van 23 anos nos que a formación estrea unha peza nesta data.
Obra de teatro en Cervo. AXM
Dirixida por Francisco Piñeiro e interpretada por María Paz Rodríguez Silva, Dolores Viamonte Rey, Xosé Manuel González-Copa, Xosé Vicente Mon Canoura, Antonio González Villares-Patoso e o propio director, “convida a reflexionar na necesidade de manter vivas as ilusións personais, apoiadas no respecto e na igualdade, a pesares das circunstancias negativas que rodean os problemas actuais”.

FOZ

En Foz, a cabalgata partirá da Rapadoira ás 18.30 horas. Na Sala Bahía, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán as peticións dos pequenos, haberá inchables, chocolatada e rosconada.

Programa da cabalgata en Foz. AXM

LOURENZÁ

Os Reis Magos de Oriente farán un percorrido por todas as parroquias do concello de Lourenzá, saindo de San Adriano ás 18.00 horas, visitando despois Santo Tomé e San Xurxo e chegarán á capital municipal sobre as 19.30 para percorrer as rúas da vila e recibir aos nenos na carpa situada no Campo dos Bolos.

MONDOÑEDO

En Mondoñedo, a comitiva real percorrerá a cidade episcopal desde as 18.30 horas. Ás 19.30 recibirán aos nenos no auditorio municipal. Desde primeira hora da mañá, con todo, estarán polas parroquias do municipio.

A partir das 20.30 horas haberá unha chocolatada na Praza do Concello, ofrecida pola Asociación Cultural O Pasatempo.

O VALADOURO

No Valadouro, as Súas Maxestades de Oriente chegarán ao consistorio sobre as 19.00 horas, coa posterior cabalgata. Podes consultar aquí o programa.

Cabalgata do Valadouro. AXM

A PONTENOVA

A Pontenova será outra das paradas das súas Maxestades de Oriente ao longo da tarde do día 5.

Cabalgata da Pontenova. AXM

RIBADEO

En Ribadeo, o carteiro real chegará o día 4, sábado, da man de Acisa, para recoller todas as peticións, na carpa da asociación de comerciantes en horario matinal e de tarde.

Cartel do Carteiro Real en Ribadeo. AXM

Ademais, o Concello informa de que o día 6 RibaXogo estará aberto en horario de tarde, de 17.00 a 21.00 horas.

RIOTORTO

Melchor, Gaspar e Baltasar tamén pasarán por Riotorto. Sairán da casa da cultura ás 20.30, chegando ao consistorio ás 21.00 horas. Actuarán o Coro e o Grupo de Gaitas e haberá un agasallo para cada crianza e un vale de compra doado por A Tenda de Loli. Ao rematar o acto servirase chocolate e roscón gratuitamente. Organiza a Asociación de Amas de Casa.

TRABADA

A Asociación O Picato organiza a Cabalgata en Trabada, que inclúe contacontos con Brais das Hortas e chocolatada.

VIVEIRO

O Concello de Viveiro celebrará este domingo, día 5 de xaneiro, a súa tradicional Cabalgata de Reis.

A comitiva de estará formada por seis carrozas, das que unha delas será nova, e nelas irán corenta nenos e nenas. Este ano, ademais, haberá unha sorpresa, xa que uns muñecos corpóreos dunha coñecida película de Disney acompañarán ás súas Maxestades de Oriente.

A cabalgata saíra ás 18.00 horas do muelle norte de Celeiro e percorrerá a rúa Ramón Canosa para cruzar a Ponte da Misericordia, cara ao Paseo Marítimo, saíndo á altura de Grallal, continuando pola Avda. de Cantarrana, a Variante e a Praza de Lugo, finalizando na Pescadería.

Viveiro. AXM

Igual que en anos anteriores, o Divertren acompañará á cabalgata. Sairá tamén ás 18.00 horas dende a piscina municipal, é de acceso libre ata completar aforo e os nenos deben ir acompañados dun adulto.

Debido á celebración da cabalgata, vanse restrinxir estacionamentos na zona de carga e descarga da Travesía da Mariña e na Avenida Benito Galcerán, fronte ao colexio San Roque. Durante o transcurso da mesma, haberá cortes de tráfico momentáneos e desvíos por vías alternativas.

XOVE

En Xove, antes da cabalgata polas rúas, os Reis pasarán primeiro, sobre as 18.00 horas,  a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé.

Ás 19.00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos.

O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o desfile vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos. O Concello pide precaución e non invadir a estrada, dado que dentro do desfile van incluídos cabalos e vehículos.

Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos. Ao remate haberá unha gran festa infantil coa Discoteca Móbil Decibelios.

PROGRAMACIÓN DE NADAL

Podes consultar o resto das actividades culturais programadas para a fin de semana de despedida do Nadal nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...