IniciosociedadePortos xustifica a acumulación de madeira en Mirasol, que deberá ser retirada...

Portos xustifica a acumulación de madeira en Mirasol, que deberá ser retirada antes do 31 de marzo

A Xunta argumenta o amoreamento nas "dificultades" para a venta e insiste en desvinculalo da praga de mosquitos acontecida no 2019

Publicada o

- Advertisement -

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, vén de remitir unha carta ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, na que insiste en que as análises realizadas a instancias do ente público na contorna portuaria en relación á praga da mosca de substrato rexistrada o pasado verán na localidade “non permiten demostrar que a orixe estea na madeira”.

Nesta liña, Portos de Galicia insta ao Concello de Ribadeo “a que explore posibles actuacións no caso de que se poida repetir tal circunstancia” e incide en que, toda vez que non existe base para afirmar que a orixe da mosca sexa a  madeira, “desde o Concello se analicen outras posibles causas e tomen as medidas coa antelación oportuna”.

Ademais, a presidenta do ente público lembra que Portos adoptou medidas para evitar a presenza destes insectos no peirao e volverá actuar no caso de que se repita esta situación. Neste sentido explica na misiva, en resposta a outra do executivo local, que mentres durou a presenza do insecto o ente público se realizaron “diversas análises e actuacións que, salvagardando o medio ambiente, foron enfocadas a paliar a afluencia de insectos”.

En canto ao almacenamento de madeira no peirao, Susana Lenguas explica na carta que vén motivada polas “dificultades da venda de madeira debido a unha praga de escaravello en Europa”. Non obstante, engade, o prazo límite no que o consignatario debe retirar a madeira vence o 30 de marzo de 2020.

CONCELLO E HOSTALERÍA TEMEN QUE SE REPITA O ANDAZO

O Concello de Ribadeo enviou semanas atrás unha misiva ao ente portuario da Xunta de Galicia na que se fixo eco das queixas da hostalería e da veciñanza en relación coa madeira acumulada, que na vila segue a ser considerada o foco da praga de mosquitos.

O goberno local requeriu que se realicen as xestións necesarias para que esa madeira sexa retirada do lugar “e que este porto comercial se converta nun lugar de tránsito como se entende debe ser e non nun almacén ou depósito como asemella ser a día de hoxe”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...