IniciosociedadeO PSdeG-PSOE esixirá no Parlamento a retirada da madeira acumulada en Mirasol

O PSdeG-PSOE esixirá no Parlamento a retirada da madeira acumulada en Mirasol

Os socialistas advirten de que a praga de mosquitos que causou incidencias en casas e negocios "volverá aparecer cando veña a calor"

Publicada o

- Advertisement -

A secretaria provincial e deputada autonómica do PSdeG-PSOE, Patricia Otero, avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama a Portos de Galicia que adopte, “no prazo máximo de tres meses, as medidas necesarias para que a madeira almacenada no peirao comercial de Mirasol, en Ribadeo, sexa retirada a fin de erradicar o problema da praga de mosquitos e moscas que sofre a vila”. O ente portuario asegurou que o 31 de marzo é a data límite que ten a consignataria para retirar o pau. A iniciativa dos socialistas será debatida este venres día 7, na Comisión 8ª do Parlamento.

Otero, que visitou esta mesma zona acompañada da voceira do PSdeG-PSOE de Ribadeo, Marta Rey, remarcou que “desde fai anos o casco urbano de Ribadeo vén padecendo, na época do verán, unha praga de mosquitos e moscas que afecta á veciñanza así como a toda a hostalería, prexudicando a esta na época do ano na que Ribadeo ten unha maior afluencia turística”, dixo.

A XUNTA NEGOU SEMPRE O PORTO COMO ORIXE DA PRAGA

Así as cousas, a deputada autonómica socialista lembra que “en xuño de 2019 os propios hostaleiros de Ribadeo, desesperados con esta praga de moscas e mosquitos, pedían solucións a Portos de Galicia para erradicar a praga, alegando que o foco podería estar na madeira almacenada sine die no porto comercial de Mirasol, no que se atopan decenas de miles de toneladas alí depositadas desde hai anos”.

Nesa liña tamén advirte que “o propio Concello de Ribadeo contratou unha empresa especialista no tratamento de pragas, que achegou unha solución para combater este problema que é a seguinte; tratar a madeira ou retirala do Porto de Mirasol, xa que os tratamentos empregados polos hostaleiros para erradicar estas moscas e mosquitos de nada servirían se a madeira segue amontoada indefinidamente no Porto”. Dito informe que lle reenviou o propio Concello de Ribadeo a Portos de Galicia explica, remarca o PSdeG-PSOE, que os hostaleiros non son capaces de eliminar os mosquitos das súas ventás, aínda limpando e aplicando insecticidas todos os días, e que os animais provocan incidencias incluso nas comidas.

IMPACTO NO TURISMO

Otero denuncia “que os máximos prexudicados por esta situación son toda a poboación en xeral, así como os hostaleiros de Ribadeo que xa advertiron de novo estes días que o problema non está resolto e que volverá a aparecer cando chegue a calor. Por iso entenden que é urxente que Portos de Galicia actúe e retire a madeira que leva anos almacenada no Porto de Mirasol de Ribadeo”, salienta.

Pola súa banda, Rey emprazou ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia a “non mirar para outro lado, e atallar esta situación. A veciñanza de Ribadeo non pode ser ninguneada e esta praga debe ser erradicada urxentemente, pois ademais pode conlevar consecuencias moi negativas para o turismo local”, insistiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...