IniciosociedadeA estación de Burela contará ata final de ano cun informante para...

A estación de Burela contará ata final de ano cun informante para os usuarios do tren

O servizo servirá como alternativa á supresión da venta presencial de billetes

Publicada o

- Advertisement -

A estación de tren de Burela contará desde marzo cunha persoa para atender ao público, segundo confirmou o alcalde e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfredo LlanoRenfe anunciara a substitución do persoal por máquinas expendedoras de billetes, de xeito que o colectivo de concellos mariñao formulou unha demanda que foi atendida por Adif.

Llano insistiu en que “non estamos moito de acordo con que se aplicara este proceso xa dunha forma inmediata, sen máis. O que queremos é que de xeito integral o servizo do tren, tanto no movemento de trens como no mantemento e investimentos, se manteña no tempo. Fixemos unha demanda a Renfe e respondeunos que vai traer unha persoa para que estea na estación do tren de Burela, a partir do primeiro de marzo e ata finais de ano, polo menos atendendo as demandas dos usuarios, explicando ben como hai que facer para ir nos trens ou os horarios. Sería unha información global de todos os servizos que se prestan aquí, desde a nosa estación de Burela. Pensamos que é un bo paso para que se lle vaia dando a importancia que se debe ao tren”, remarcou.

LLANO PIDE MELLORES HORARIOS

O presidente da Mancomunidade salientou que “hai que conseguir un servizo de tren óptimo e que sexa útil, que valga e motive para que a veciñanza o poida utilizar e que sirva para trasladar á xente nun horario que sexa bo para poder acudir aos seus postos de traballo e aos seus postos escolares. Tamén queremos que se diversifique a oferta de trens, non soamente os ordinarios de público en xeral, senón que os de mercadorías tamén poidan seguir incrementando o seu servizo e, sobre todo, os trens turísticos que supoño van facer unha boa labor cara ao desenvolvemento da nosa comarca”, argumenta.

O presidente da Mancomunidade indicou que “o que queremos é que asuman este servizo, que se vexa con futuro e polo tanto non paramos de demandar cousas para que isto sexa así”. Deste xeito, remarcou o papel “dunha comisión que representaba a Ferrolterra, a Ortigueira e á Mancomunidade da Mariña, que estabamos en reunións periódicas que tanto facíamos en Moeche, como en Ferrol e onde coincidira, con representantes de Adif, de Renfe e da Xunta de Galicia, e entre todos tratabamos de consensuar posturas para que o tren fose mellorado en todas as súas aplicacións”.

PLENO CONSTITUTIVO DA MANCOMUNIDADE

A Mancomunidade de Municipios da Mariña celebrará o pleno constitutivo do novo mandato o vindeiro 11 de febreiro en Burela.

O ata agora presidente, Alfredo Llano, dixo que “nesta lexislatura houbo un certo retraso na constitución da Mancomunidade de Municipios da Mariña, que está conformada por 16 concellos. Non puidemos realizalo antes, derivado da situación anómala que houbo no Concello de Burela, onde houbo que repetir unhas eleccións e estivemos moito tempo en funcións”, precisou.

Llano rematou que “como é algo que se debe xa facer inmediatamente, hai que poñerse a traballar a toda presa, con toda celeridade, imos tratar, salvo que por algunha razón non poidamos, facer o día 11 de febreiro, en Burela, o primeiro pleno ordinario constitutivo para que xa se poña a facer o traballo que ten que realizar a Mancomunidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...