IniciosociedadeAlumnado da FP dual de Atención á Dependencia formarase na residencia de...

Alumnado da FP dual de Atención á Dependencia formarase na residencia de Trabada

Catro alumnos do CIFP Porta da Auga de Ribadeo desenvolverán máis de 200 horas de formación práctica no centro de maiores trabadense ata o 30 de abril

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo autorizou esta semana as prácticas de catro alumnos de grado medio na residencia de Trabada. Os estudantes da FP Dual de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, que imparte o Centro de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo, dependente da Xunta de Galicia, desenvolverán 236 horas de preparación práctica no centro de atención a maiores (CAM) da institución provincial durante o presente curso 2019-2020.

As prácticas presenciais comezaron esta semana e rematarán o 30 de abril, impartíndose de luns a venres, en xornada de 14 horas semanais. O réxime da bolsa de formación está suxeito a un convenio entre a Consellería de Educación e a Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz de Galicia, que actualmente realiza as tarefas de asistencia, manutención e limpeza na residencia e o centro de día de Trabada, que xestionan a Deputación de Lugo e o Concello.

Con este ciclo, os alumnos fórmanse na atención ás persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

27 USUARIOS

O centro de maiores de Trabada, con 30 prazas de residencia e 20 de centro de día, dá servizo a 27 persoas e forma parte da rede de protección social da Deputación, que tamén ten en funcionamento residencias en Pol, Ribadeo e A Fonsagrada, na que a semana pasada entraron a vivir os primeiros usuarios e usuarias.

No Orzamento deste 2020, a institución provincial destina nove millóns de euros ás residencias, tanto ás que xa están en funcionamento, como á posta en marcha das de Castroverde e Pedrafita, ademais de avanzar no equipamento das de Meira, Ribas de Sil e Navia de Suarna.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...