O coronavirus segue a propagarse polo mundo e cabo del, a alarma social. As farmacias xa non son quen de satisfacer a demanda de máscaras e líquido hixienizante, pero os profesionais coinciden: tal nerviosismo non ten xustificación. Os principais afectados, pacientes que realmente os necesitan por tratamentos oncolóxicos.
En moitos centros farmacéuticos quedaron sen existencias ao longo desta semana, coincidindo cos primeiros casos positivos rexistrados no Estado, en lugares como Madrid, Sevilla ou Tenerife. En Asturias, unha moza de Avilés ingresada no HUCA deu negativo. Dende a Organización Mundial da Saúde (OMS) repiten estes días que o emprego das máscaras só é útil para as persoas contaxiadas.
Podes ler a información completa nesta ligazón do Galicia Confidencial.