InicioCultura"Apareceron cancións de naufraxios, do traballo diario; foi como abrir un cofre...

“Apareceron cancións de naufraxios, do traballo diario; foi como abrir un cofre do tesouro”

Xurxo Souto iniciou coas mulleres de San Cibrao a recollida de cancións da Mariña relacionadas co mar, dentro do proxecto 'Mariñas, maruxas e maruxainas'

Publicada o

- Advertisement -

O Museo do Mar de San Cibrao acolleu esta tarde ao primeiro dos encontros previstos no marco do proxecto ‘Mariñas, marosas e maruxainas’, no que a Rede Museística Provincial e Xurxo Souto colaboran para documentar as músicas e cantigas das mulleres do mar na comarca da Mariña Lucense.

O escritor e músico coruñés reuniuse cunha trintena de mulleres, integrantes do Club Senior do museo sancibrense, coas que compartiu parte do material recompilado de traballadoras do mar doutros puntos do país para convidalas a rescatar da memoria retrouxos e cantigas propias.

“Trouxen letras de cantigas que recollín en conserveiras do sur do país e, a partir desa referencia musical, apareceu un repertorio propio. Cancións que falan de naufraxios, do traballo diario, de celebracións. Foi como abrir un cofre do tesouro”, expuxo Xurxo Souto, que continuará coa documentación deste patrimonio inmaterial noutros lugares da Mariña. O próximo destino, en data aínda por concretar, será Rinlo, en Ribadeo.

O material incorporarase á mostra ‘Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas’, que a Rede Museística Provincial prepara como parte da axenda de actividades coas que conmemora o cincuenta aniversario do Museo do Mar.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...