IniciosociedadeTodos á casa: os Concellos clausuran parques infantís e espazos públicos e...

Todos á casa: os Concellos clausuran parques infantís e espazos públicos e suspenden “calquera reunión”

Os gobernos locais adoptaron medidas máis drásticas a fin de conter a evolución da epidemia

Publicada o

- Advertisement -

Despois de que o pasado xoves os Concellos da Mariña Lucense suspendesen os eventos sociais, deportivos e culturais previstos para os vindeiros días por mor da epidemia do coronavirus, este venres os gobernos locais adoptaron medidas máis drásticas a fin de conter a evolución da epidemia, da que por agora se computan seis casos positivos na provincia de Lugo, tres deles en Foz.

VIVEIRO

En Viveiro, despois dunha reunión cos voceiros das restantes formacións políticas, o goberno local decretou o peche dos parques infantís. Si mantén abertos os espazos públicos abertos, reclamando aos cidadáns, iso si, “un uso responsable evitando aglomeracións”. Tamén se limitará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) aos casos máis imprescindibles.

 

Bando do Concello de Viveiro. AXM

FOZ

En Foz o executivo local decretou medidas que afectarán ao funcionamento dos servizos públicos “por un período inicial de 14 días, dende o 14 ao 28 de marzo”.

Parques e xardíns; pistas deportivas; zona de skate e rocódromo das Torres; parque infantil e polideportivo do Campo da Cabana permanecerán pechados. Tamén se cancela o mercado semanal dos martes e “calquera reunión de cidadáns“. Igualmente, a actividade do SAF limitarase a cuestións consideradas esenciais.

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC), con delegación en Foz, tamén informou da suspensión das actividades programadas. Informan de calquera dúbida sobre este colectivo no 696.583.146.

O VALADOURO

No Valadouro, o goberno local dediciu, tras cancelar o Mercado da Primavera previsto para o 28 de marzo, adiar a cita semanal dos sábados.

BURELA

En Burela permanecerán pechados ao público “todos os servizos municipais, salvo os básicos e para cuestións de urxencia”. O Concello clausurará todas as instalacións deportivas, a casa da cultura, a biblioteca ou casa da xuventude, ademais de servizos como a escola de música, o servizo de Atención Temperá ou o de Atención a Domicilio.

Bando do goberno local burelao. AXM

Ademais, a organización da Semana Santa de Burela acordou a suspensión da cita relixiosa, segundo recolleu El Progreso.

O Pescados Rubén Burela FS procedeu á suspensión dos adestramentos de todos os equipos, tanto dos profesionais coma dos de fútbol sala base.

RIBADEO

O Concello de Ribadeo anunciou que “desde hoxe (venres) e ata o 27 de marzo, quedan pechadas as instalacións de titularidade municipal: pavillóns polideportivos, piscina, biblioteca, salas de exposicións, lavadoiro dos fornos, Cine Teatro, auditorio municipal, albergue de peregrinos, telecentro, oficina de turismo, Casa das Algas, zonas de xogo infantís, biosaudables e parques de titularidade municipal. Queda suspendida a actividade na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo (desde o 16 de marzo por un período de 14 días) e queda cancelada a celebración de calquera actividade organizada polo goberno local”, expón.

ALFOZ E OUROL

En Alfoz ou Ourol, o gobernos locais tamén procederon ao peche de eventos de toda índole, así como de instalacións municipais, tanto edificios como espazos abertos.

En Ourol, o peche manterase ata o 29 de marzo, incluído.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...