A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.
Un deles, tal e como recolleu o Xornal da Mariña, é o dunha auxiliar de enfermería que traballa no Hospital da Costa, o segundo caso positivo dunha sanitaria no centro hospitalario de Burela.
Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse cinco altas de pacientes e seis falecementos.
Podes consultar a información completa no Galicia Confidencial.