IniciosociedadeA Xunta sostén que de centralizar primaria dispensaría "prestacións" como o Sintrom...

A Xunta sostén que de centralizar primaria dispensaría “prestacións” como o Sintrom nos centros de saúde

O Goberno autonómico insiste en "non hai nada decidido" e en que manexa varias posibilidades, entre elas reorganizar a actividade nos ambulatorios das poboacións meirandes

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia emitiu este luns un comunicado no que insiste en que “non hai ningunha decisión tomada” sobre a posible centralización da atención primaria en determinados centros de saúde da Mariña Lucense, despois de que alcaldes da Terra Cha e sindicatos advertisen desta posibilidade.

Servizo Galego de Saúde (Sergas) matiza que “no suposto de que a evolución epidemiolóxica aconselle desde o punto de vista das autoridades sanitarias adoptar esta medida sería unha decisión extraordinaria, de carácter temporal e reversible, en vigor exclusivamente durante o período de emerxencia e que se comunicaría á poboación só a través de fontes oficiais“.

PLAN DE CONTINXENCIA

A Administración autonómica argumenta na nota que “traballa nun plan de continxencia que inclúe distintas alternativas, aínda en fase de estudo, que buscan blindar a asistencia sanitaria e garantir a maior operatividade e preservar o persoal sanitario dispoñible para facer fronte ás necesidades prioritarias”.

O plan inclúe, indica o Sergas, “desde a posible centralización da asistencia sanitaria de atención primaria nos centros de maior poboación, ata dispoñer de equipos de profesionais dedicados exclusivamente a patoloxías respiratorias, fomentar a atención telefónica (modalidade que hai que facer sempre que se poida, como de feito xa está a acontecer) ou a posta en marcha de circuítos diferenciados nos distintos centros de saúde para pacientes de diferentes patoloxías. Este plan de continxencia poríase en marcha de forma gradual de ser necesario”, remarca.

Desde a Xunta aclaran que “agora mesmo todos os centros de saúde da provincia están funcionando e abertos e, no caso de ser preciso acometer a centralización de algún servizo, seguirían prestándose nos centros de saúde actuais algunhas prestacións como a administración do Sintrom, entre outras, para evitar desprazamentos”, afirma.

CRÍTICAS DE BARREIROS E LOURENZÁ

As alcaldesas de Barreiros e Lourenzá posicionáronse este luns en contra dos peches dos centros de saúde, ao considerar que focalizar a atención en Viveiro, Burela e Ribadeo suporía ter ambulatorios “masificados”, con aglomeracións que poderían prexudicar “á poboación de risco”, ademais de desprazamentos importantes para cidadáns que non teñen medios para facelos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...