IniciosociedadeDez ingresados con positivo por coronavirus na Mariña, oito máis có pasado...

Dez ingresados con positivo por coronavirus na Mariña, oito máis có pasado mércores

O número de casos confirmados na provincia é de 140, cun incremento de 41 con respecto aos documentados o pasado día 25

Publicada o

- Advertisement -

Dez persoas permanecen ingresadas con positivo por coronavirus no Hospital Público da Mariña, segundo os datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) no mediodía deste venres. Son dous ingresados máis con Covid-19 confirmado respecto ao pasado xoves e oito máis desde o pasado mércores.

A estatística oficial, que recolle o Sergas do Ministerio de Sanidade, non inclúe as persoas ingresadas por problemas respiratorios que están á espera do resultado das probas.

Segundo o reconto oficial hai un paciente que permanece na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), onde tamén fica unha sanitaria do Hospital Público da Mariña.

Na provincia de Lugo, o número de casos activos é de 140 (doce máis que o pasado xoves e 41 máis ca o pasado mércores). Oito fican na UCI (sete deles no Hospital Universitario Lucus Augusti), 38 en hospitalización -catro en Monforte e 24 no HULA). Hai 94 positivos documentados que permanecen en illamento domiciliario (por 84 confirmados o pasado día 26 e 72 o pasado día 25).

A nivel galego, segundo as mesmas fontes, o número de positivos confirmados supera os 2.200, con 379 casos máis desde o xoves.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...