IniciosociedadeA segunda traballadora da residencia de Foz sometida á proba de coronavirus...

A segunda traballadora da residencia de Foz sometida á proba de coronavirus dá negativo

Cajoto cre que o resultado "ofrece un pouco de tranquilidade" pero insiste en reclamar tests para todas as obreiras e usuarios do centro

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, confirmou que a segunda traballadora da residencia de maiores á que se lle fixo a proba de coronavirus deu negativo. O rexedor e as familias expuxeran a súa preocupación despois de que unha operaria do centro resultase infectada.

Desde a dirección do centro explicaban que esta traballadora, a primeira e única confirmada con positivo polo de agora, solicitara a baixa dúas semanas atrás ao padecer síntomas de bronquiolite. O resultado negativo dunha segunda operaria é “unha boa nova, porque dá negativo unha persoa que se pensa que podería ser vector desta enfermidade, o que achega tranquilidade. Iso queremos achegar ás familias que non poden estar cos seus maiores, esa temperanza”, indica o rexedor.

Cajoto insiste en reclamar que se lle fagan os tests a todos os traballadores e usuarios do centro de maiores. “Esperamos que poidamos confirmar pronto este mesmo negativo en todas as persoas” do xeriátrico”, remarca.

O alcalde focego insta a cidadanía a manter a precaución e seguir todas as recomendacións das autoridades sanitarias. “Temos que seguir ficando na casa, lavando as mans e mantendo as distancias de seguridade”, concluíu.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...