IniciosociedadeUn policía local de Viveiro dá positivo despois de que se confirmase...

Un policía local de Viveiro dá positivo despois de que se confirmase o segundo caso na Nacional

O resto dos axentes realizaron esta tarde as probas, aínda que ningún outro presenta síntomas

Publicada o

- Advertisement -

Un axente da Policía Local de Viveiro deu positivo na proba de coronavirus, segundo confirmou na tarde deste martes a alcaldesa, a socialista María Loureiro. O traballador atópase ben e en illamento domiciliario.

Segundo expuxo a rexedora, dous axentes sometéronse á proba despois de que se confirmase un segundo positivo no corpo da Policía Nacional de Viveiro. Ambos os traballadores non presentaban síntomas do virus, pero permaneceran en contacto co segundo infectado, polo que realizáronselle os test por precaución.

Un dos axentes deu negativo e outro positivo. Loureiro explica que o Concello púxose en contacto coa Consellería de Sanidade e na tarde deste luns o resto do persoal da Policía Local -arredor dunha decena de persoas- foi facer as probas, aínda que polo de agora non hai ningún obreiro que padeza a sintomatoloxía do coronavirus.

A rexedora asegura que tanto os axentes da Policía Local como os traballadores dos servizos esenciais decretados polo goberno municipal “teñen desde hai semanas elementos de protección, porque antes da declaración de estado de alarma solicitaramos máscaras, luvas e traxes“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...