IniciosociedadeO número de casos na provincia apenas varía, cun novo positivo confirmado...

O número de casos na provincia apenas varía, cun novo positivo confirmado en Betania

Despois de documentarse a terceira morte a causa do coronavirus no Hospital Público da Mariña, a dun usuario da residencia, catro pacientes fican na Uci de Burela e cinco en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a manterse nuns parámetros de estabilidade segundo o reconto oficial ofrecido este domingo pola Consellería de Sanidade. A Xunta de Galicia contabiliza 591 casos activos, un menos có pasado sábado.

Este mesmo día 12 produciuse a terceira morte por mor da pandemia no Hospital Público da Mariña, a dun varón de 87 anos, usuario da residencia Betania de Viveiro.

No centro hospitalario de Burela permanecen catro pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e outros cinco doentes en planta.

A nivel provincial, hai 13 casos na Uci -os outros nove no Hospital Universitario Lucus Augusti– e 39 en hospitalización -cinco deles no hospital mariñao, seis en Monforte, once no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-.

Hai 539 casos documentados en domicilio, cinco máis có pasado sábado.

360 MORTES EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.833, deles 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago e 327 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 4.951 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos. O número de PCR realizadas é de 43.992.

UN MAIOR FOI TRASLADADO Á RESIDENCIA DE SANTIAGO

Segundo os datos da Consellería da Sanidade, que confirmou a madre superiora da residencia, en Betania documentouse un novo positivo trala realización das probas a todos os usuarios e empregados. Trátase dunha persoa que se atopa en bo estado e que foi trasladada á residencia medicalizada Porta do Camiño de Santiago, seguindo o protocolo da Xunta. Así as cousas, dous residentes do xeriátrico viveirense permanecen en Compostela e outro no hospital de Burela. Unha relixiosa fica en illamento á espera dunha segunda proba.

En Foz, o resultado de tests a todos os usuarios e traballadores, resolto días atrás, deixou cinco maiores e sete obreiros afectados, coa alta dun empregado nos últimos días. Hai outros dous residentes infectados na vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, en Ribadeo.

Na residencia de maiores de Burela e no centro San Rafael de Mondoñedo, onde se iniciaron as análises a residentes e empregados, hai desde hai días dúas empregadas e un traballador con positivo, respectivamente.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...