EFE. Os tripulantes do barco pesqueiro ‘Carla‘, amarrado no porto lucense de Burela, que permanecen confinados a bordo, deron negativo no test rápido efectuado polas autoridades para determinar se son portadores do coronavirus.
Os dezaseis tripulantes están en confinamento despois de que un dos membros dese positivo nun test anterior, aínda que finalmente todos deron negativo no test rápido.
Fontes sanitarias consultadas por Efe confirmaron que, malia que todos deron negativo nos tests rápidos, a tripulación segue en corentena ata que chegue a confirmación das probas PCR por parte dun laboratorio de referencia.
Os tripulantes continuarán no pesqueiro -de bandeira francesa e armador asturiano, e que segue custodiado pola Garda Civil– ata que se coñeza o resultado desas probas de coronavirus ás que foron sometidos todos os mariñeiros do barco.