IniciosociedadeUn cambio nos criterios do cómputo oficial reduce o número de casos...

Un cambio nos criterios do cómputo oficial reduce o número de casos na provincia de 675, o martes, a 244

O Sergas conta agora as altas epidemiolóxicas, é dicir, como "pacientes curados" a aqueles en domicilio que conten con PCR negativa ou que leven o suficiente tempo asintomáticos

Publicada o

- Advertisement -

Despois de dous meses, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) cambiou os criterios á hora de facilitar os datos de casos de coronavirus na comunidade. En diante, sinala a Xunta de Galicia, contabilizaranse as altas epidemiolóxicas e non unicamente as altas hospitalarias, é dicir, inclúense como “pacientes curados” aqueles que están en domicilio e “teñan unha PCR negativa ou aqueles que, transcorrido un tempo sen sintomatoloxía, poidese considerarse clinicamente” que superaron a doenza. Así o indicou o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa.

Esta situación dispara, segundo estes novos criterios, o número de pacientes curados, e reduce significativamente a cantidade de casos activos.

Cando o Sergas documentaba no último cómputo oficial, do pasado martes, 675 casos activos de coronavirus na provincia de Lugo, este mércores contabiliza así 244, 431 menos. Deste xeito, o histórico de altas pasa de 133 a 572.

Dos 244 casos activos, dous deles -ambos na Unidade de Coidados Intensivos (Uci)- permanecen ingresados no Hospital Público da Mariña. Hai outros cinco na unidade de críticos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 22 persoas permanecen ingresadas en planta, sete no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

Segundo o mesmo reconto, hai 215 casos detectados en domicilio. Vinteseis persoas –cinco na Mariña– faleceron por Covid-19 na provincia de Lugo.

A nivel galego, faleceron 547 persoas por mor da pandemia. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...