IniciosociedadeA hospitalización por coronavirus, sen variacións na Mariña, baixa de 29 a...

A hospitalización por coronavirus, sen variacións na Mariña, baixa de 29 a doce pacientes na provincia

Dúas persoas seguen ingresadas no centro hospitalario de Burela, ambas na Uci

Publicada o

- Advertisement -

O reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta 241 casos activos de coronavirus na provincia de Lugo, tres menos có pasado mércores. Cabe salientar que a Xunta de Galicia cambiou onte o protoloco de información respecto da pandemia, incluíndo agora as altas epidemiolóxicas e non as hospitalarias, é dicir, como “pacientes curados” a aqueles en domicilio que conten con PCR negativa ou que leven “tempo” asintomáticos para considerarse clinicamente” que superaron a doenza. De aí o significativo descenso dos positivos documentados, ata 675 o pasado martes.

Destas 244 persoas, dúas permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) da Mariña. Outras dúas, en camas de críticos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Oito pacientes permanecen en hospitalización, 14 menos có pasado mércores -cinco no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-. En domicilio detéctanse un total de 229 casos, 14 máis ca onte.

Na provincia de Lugo déronse 583 altas e faleceron 26 persoas por mor da pandemia, cinco delas na Mariña. A nivel galego, morreron a causa do coronavirus 547 persoas; o pasado día 29 de abril foi o primeiro sen vítimas mortais desde o pasado 14 de marzo.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, o número de positivos na Mariña Lucense mantense estable en oito.

MAIORES

3 Res. Cervo

1 Res. Mirador del Eo (Ribadeo)

1 Res. Betania (Viveiro)

TRABALLADORES

2 Res. Burela

1 Res. Cervo

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...