InicioEconomíaO BNG levará a moción das auxiliares aos plenos dos concellos da...

O BNG levará a moción das auxiliares aos plenos dos concellos da Mariña e á Deputación

A formación frontista denuncia o "desentendemento" da Xunta, que eludiu mediar para evitar a paralización das tarefas de brascaxe

Publicada o

- Advertisement -

O BNG anunciou o pasado martes a través dun comunicado de prensa que os grupos municipais de todos os plenos da Mariña Lucense rexistrarán mocións para rexeitar a paralización do recorte das tarefas de rebrascaxe das cubas de electrolise en Alcoa San Cibrao, unha decisión da multinacional que desencadeou Expedientes de Regulamento Temporal de Emprego (Ertes) en Reymogasa e Cyrgasa, cun total de 43 traballadores afectados.

A plataforma que aglutina a representación sindical en Alcoa solicitara apoio ás corporacións para unha moción que ten catro puntosrexeitar a medida anunciada pola multinacional de non rebrascar as cubas; apoiar institucionalmente aos traballadores afectados; solicitar a mediación da Xunta de Galicia para “evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e se busque uha solución para que non paren as cubas, así coma para que ningún obreiro de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo”; solicitar do Goberno do Estado a súa “inmediata intervención” para que a multinacional “non deixe morrer a nosa factoría”.

A formación frontista tamén levará a situación das empresas auxiliares ao pleno da Deputación.

A coordinadora do BNG da Mariña e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, amosouse crítica coa postura da Xunta. “Négase a reclamar a Alcoa que manteña a reparación de cubas tal como dixo o conselleiro Conde, amosa claramente a nula preocupación desta xente pola delicada situación que se está a vivir na Mariña, donde o desemprego avanza e sen que desde a Xunta se adopte ningunha medida ou solución dedicándose únicamente a botarlle as culpas ao Goberno central”.

CRÍTICAS AO “SILENCIO” DO GOBERNO CERVENSE

Os representantes na corporación de Cervo do BNG, Diego Fernández -traballador e sindicalista en Cyrgasa- e Xorxe Caldeiro, asegurou que o recorte nas tarefas de rebrascaxe “ameaza con incrementarse e ampliar os seus efectos nas empresas auxiliares e mesmo ao cadro de persoal da propia Alcoa”, polo que reclama “solucións” que eviten “unha escalada de Ertes e perdas de postos de traballo”.

O grupo municipal nacionalista cualifica de “indecencia política” a resposta da Xunta aos traballadores “ao desentenderse do problema”, e denuncia o “clamoroso silencio” do alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, que “participou activamente nunha campaña para demandar futuro para a factoría sancibrense e hoxe cala cando hai traballadores afectados con nomes e apelidos”. Deste xeito, pide a celebración dunha xunta de voceiros para abordar a situación de Alcoa nun pleno.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...