O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo contabilizado no reconto oficial do Sergas deste sábado é practicamente idéntico ao do cómputo do pasado venres. A Consellería detecta 166 positivos, un menos ca onte.

No Hospital Público da Mariña, continúa ingresado en planta un paciente, o capitán do buque Notre Dame, e dous doentes na Uci que ingresaron por coronavirus malia contar xa con proba negativa despois de semanas na unidade de críticos.

Na Uci do HULA hai catro pacientes, e un en planta. En domicilio contabilízanse 160 casos, un máis.

Un total de 27 persoas faleceron na provincia de Lugo por coronavirus, cinco na Mariña. Déronse, tamén acorde cos datos oficiais do Sergas, 710 altas. En Galicia a pandemia deixou 591 vítimas mortais. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESIDENCIAS

Nas residencias da bisbarra non se produciron novidades, cos seguintes afectados:

USUARIOS

1 Vivenda Vilaoudriz (A Pontenova)

1 Res. Mirador del Eo (Ribadeo)