IniciosociedadeA Xunta propón trasladar o sistema de cita previa das Catedrais ao...

A Xunta propón trasladar o sistema de cita previa das Catedrais ao resto de praias galegas

O Goberno autonómico argumenta que é a maneira de "garantir" un acceso "seguro e de calidade a todos os areais"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou que está a traballar no desenvolvemento dunha ferramenta, Praias Seguras de Galicia, para regular o acceso e o aforamento ás praias da comunidade cun sistema de “cita previa” similar ao que xa funciona nas Catedrais.

Así o abordou unha reunión este luns sobre a materia na que participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, así como a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o responsable de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

En concreto, a conselleira de Medio Ambiente explicou que o Goberno galego impulsou esta ferramenta, que proporá á Federación Galega de Municipios (Fegamp), co obxectivo de que se poida implantar en “todo o territorio galego” para “garantir un acceso seguro e de calidade a todas as praias”.

Para iso, apostaron por aproveitar modelos que “xa de seu funcionan”, como o que se utiliza para controlar o aforo na praia das Catedrais. Unha ferramenta utilizada nun areal turístico como o de Ribadeo, desfrutado como monumento natural e apenas utilizado para o descanso e o baño, e que a Xunta quere trasladar aos areais usados polos bañistas.

92 AREAIS NA MARIÑA

Galicia conta con 960 praias, que suman máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie. A maior parte (454) están na provincia da Coruña, mentres que 414 son de Pontevedra e 92 de Lugo. O aforo máximo de todas as praias é de 939.520 persoas. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...