IniciosociedadeFeijóo di agora que "o 99%" das praias non precisan controlar aforo...

Feijóo di agora que “o 99%” das praias non precisan controlar aforo e descarga a vixilancia nos Concellos

Tras preguntar os gobernos locais se a Xunta achegará persoal, Feijóo ínstaos a regular a entrada aos areais urbáns "con Policías Locais, parcelando ou a través de avisos"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respondeu este venres ás críticas recibidas polos concellos galegos trala proposta dao Goberno autonómico de aplicar cita previa nas praias para controlar os aforos a partir dunha aplicación que xa funciona nas Catedrais.

Feijóo sostivo que o 99% das praias non necesitarán este sistema porque hai 1.200 quilometros de costa “e non se necesitará limitación de aforo. Só algúns areais urbanos e nese caso serán os municipios os que o teñan que regulalo a través de policías locais, outros parcelando, outros a través de internet ou de avisos nas páxinas web municipais”, engadiu.

“Desde logo os galegos deben saber que non imos ter problemas por aforos en praias. Se alguén quere crear un problema a Xunta non forma parte dese problema”, apuntou. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...