A Xunta fai fronte común co sector das orquestras para pedir que se permitan as verbenas

O Goberno autonómico destaca, con todo, que a decisión corresponde ao Goberno central mentres dure o estado de alarma e despois aos Concellos

Orquestra Panorama. AXM

A Xunta de Galicia trasladou este luns ao sector das orquestras a súa posición favorable a que poidan celebrarse verbenas este verán, aínda que respectando medidas de seguridade que deberá fixar o Goberno central. O Executivo autonómico responde así ás demandas do sector.

O vicepresidente galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, mantiveron un encontro con representantes do sector profesional das orquestras para avaliar a súa situación de cara á tempada estival, que estará condicionada pola pandemia da Covid-19.

Os representantes da Xunta mostráronse favorables a que se poidan celebrar verbenas este verán e sinalaron que as condicións deben ser marcadas polo Goberno central mentres dure o estado de alarma, e, posteriormente, polos propios Concellos. Municipios como Foz anunciaron que cancelan este tipo de encontros ata o mes de outubro, ante a ausencia de garantías sanitarias pola posibilidade de aglomeracións. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here