IniciosociedadeRibadeo reclama circuítos de entrada e saída aos comercios que non garanten...

Ribadeo reclama circuítos de entrada e saída aos comercios que non garanten a separación interpersoal

O Concello alerta de que nalgúns locais "non se está a manter a distancia de dous metros" e ínstaos a presentar un plano para que o Concello valide o percorrido

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, enviou un aviso aos establecementos de venda ao público nos que non se están a gardar as medidas de seguridade necesarias para facerlle fronte ao Covid-19. O rexedor subliña que se eses locais non son capaces de garantir esas distancias teñen que facer é sinalizar un circuíto de entrada e outro de saída para evitar o contacto entre as persoas.

O rexedor comentou que “determinados establecementos de venda de todo tipo de produtos teñen corredores, pero non están gardando a distancia interpersoal de dous metros que indican as recomendacións sanitarias. Polo tanto, a todos estes propietarios destes establecementos témoslles que pedir que ou ben consigan ter esta separación ou, se non é posible, sinalicen convenientemente un circuíto de entrada e outro de saída a fin de que exista unha soa dirección sen posibilidade de cruzamento entre as persoas”.

AFORO MÁXIMO

O rexedor dixo que “en calquera destes casos deberán presentar no Concello un plano para validar o cumprimento destes percorridos, así como tamén para poder calcular o aforo máximo do local, que é algo que estamos facendo nestes últimos días. Estamos expedindo unha chea de títulos cos que os titulares dos establecementos poden ir despois calculando coas porcentaxes que marca o goberno do Estado”.

RENUMERACIÓN DE CASAS

Por outra banda, o alcalde ribadense anunciou que se amplía o plazo ata o 31 de decembro deste ano para a renumeración de casas e locais no municipio. Ata daquela convivirán os números antigos cos novos.

Suárez Barcia lembrou que “levábamos varios meses traballando na renumeración de edificios e de vivendas. Hai que ter en conta que o servizo de Correos, desde hai un tempo a esta parte, mostraba moitísimos problemas para entregar as cartas en moitos domicilios, o que nos obrigou a renumerar todo Ribadeo”, indicou.

“Daquela plantexabamonos a primeira parte do ano 2020 para facer estes traballos de simultanear o número vello e o número novo, e que ao mesmo tempo a xente poidera facer o cambio con comodidade, vindo ao Concello para pedir un certificado no que figurase a nova numeración. Agora non lle queremos dar unha prioridade a isto e imos ampliar a todo o resto do ano a posibilidade de realizar estes trámites”, concluíu o rexedor ribadense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...