IniciosociedadeRuído de camións e loito na protesta do comercio de Xove: "sentímonos...

Ruído de camións e loito na protesta do comercio de Xove: “sentímonos ameazados polo peche de aluminio”

Milleiros de persoas respaldaron a manifestación dos empresarios, que abriu paso a unha caravana de vehículos industriais e comerciais

Publicada o

- Advertisement -

Milleiros de persoas participaron na manifestación convocada este sábado polo comercio de Xove para reivindicar un futuro para a planta de aluminio de San Cibrao, onde Alcoa anunciou que quere iniciar un despedimento colectivo con ata 534 traballadores afectados, máis outros 400 de empresas auxiliares.

“Convocamos esta manifestación porque nos sentimos verdadeiramente ameazados por un posible peche da industria do aluminio”, asegura Juan Carlos López, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Aciam). “Temos unha preocupación polo noso futuro, porque toda a economía da Mariña xira en torno a Alcoa, e un peche sería un desastre”, sostén.

“Falamos do comercio, dos autónomos, transportes… Só en Xove hai dúas empresas, O Paraíso e Suolitrans, que teñen frota duns 25 camións cada un; o 80% dos traballos destas firmas son para a industria do aluminio”, remarca o empresario.

Con lemas como ‘sen industria non hai futuro‘, ‘enerxía solución‘, ‘o pobo está en loita polo emprego‘ ou ‘traballo si, peche non‘, milleiros de persoas vestidas de negro, para visibilizar o loito social e económico que suporía a perda dunha fábrica crucial para a comarca da Mariña, abriron paso a ducias de camións e vehículos industriais e comerciais -uns 60- que marcharon desde o Polígono de Camba á rotonda de Beltrán, a que dá acceso á Vía de Altas Prestacións en dirección Viveiro.

Mesmo o coche dunha funeraria e os ataúdes que levaban os veciños parecían remitir a un posible defunto, a comarca. “Todos imos no mesmo barco”, asegura López, “porque o que traballa en aluminio ten diñeiro para gastar no comercio, na hostalería… Todos nos veriamos afectados”, conclúe.

O DOMINGO, EN VIVEIRO

“A xente está ansiosa por manifestarse, porque isto impórtalle e aféctalle”, asegura López, que non obstante prevé que a loita por manter o emprego “vai ser maratoniana”. O comité de empresa convocou aos mariñaos a manifestarse o vindeiro domingo (11.30 horas, Cruz Vermella) en Viveiro.

PROTESTA NA CORUÑA POR ALU IBÉRICA

O persoal de Alu Ibérica, a antiga planta de Alcoa na Coruña, manifestouse tamén este sábado para reclamar ao Goberno central a intervención da factoría, dado que entenden que Grupo Riesgo non ten un proxecto industrial serio senón especulativo.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...