IniciosociedadeInvestigan se os positivos localizados nunha familia de Vilalba teñen relación co...

Investigan se os positivos localizados nunha familia de Vilalba teñen relación co brote da Mariña

O Sergas confirma dous casos nun núcleo familiar e estuda se se tratan de contaxios importados

Publicada o

- Advertisement -

Polo menos dúas persoas foron diagnosticadas con coronavirus na localidade lucense de Vilalba, segundo confirmaron fontes sanitarias a Lugo Xornal.

El Progreso, que avanzou a información, eleva a tres os contaxiados e apunta que se trata dunha parella e un familiar que viven en domicilios distintos. Tamén indica que unha das hipóteses que se manexan é que o contaxio se puido producir nunha reunión familiar que se celebrou a primeira fin de semana de xullo.

Pola súa banda, as fontes sanitarias consultadas ratificaron que está en estudo se se trata dun contaxio importado da Mariña, onde se rexistrou un brote que o pasado xoves computaba 140 casos activos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...