IniciosociedadeA Xunta reducirá a velocidade no Pirixel para evitar accidentes

A Xunta reducirá a velocidade no Pirixel para evitar accidentes

O Goberno galego actuará na estrada en outubro e satisfará unha petición do Concello de Viveiro, que constatou un aumento da siniestralidade nos últimos anos

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia realizará no mes de outubro varias actuacións de mellora na estrada autonómica LU-102, que une as localidades de Celeiro e Viveiro, ao seu paso pola zona do Pirixel.

ENTRADA ALTERNATIVA Á CIDADE

O goberno galego atenderá así unha petición do Concello, que constatou o aumento da siniestralidade nese treito ao longo dos últimos anos. Trátase dunha vía que se usa como alternativa á LU-862 para entrar na cidade en épocas de densidade de tráfico, como o verán.

MELLORA DO FIRME

En primeiro lugar, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de mellora do firme con microaglomerado en frío, que mellorará a adherencia ao pavimento.

segundo o goberno galego, a maioría dos sinistros débense a velocidades excesivas

Pero a maioría das actuacións están encamiñadas en reducir a velocidade na estrada, dado que, sinala o Goberno galego, a maioría dos accidentes rexistrados teñen relación con excesos dos límites permitidos.

RESALTOS SONOROS

Así, o proxecto inclúe a incorporación de resaltos termoplásticos sonoros nas marcas viarias que delimitan a estrada. Estes elementos, ademais de aumentar a visibilidade, advirten de posibles saídas de vía. Ademais, instalaranse dispositivos reductores de velocidade e bandas transversais de alerta.

Tamén están previstas medidas de reforzo da sinalización horizontal e vertical e a disposición sobre a calzada de advertencias do límite de velocidade permitida.

TREITO URBANO

No treito urbano da estrada, onde existen beirarrúas, a Xunta rehabilitará o firme actual, co correspondente fresado e reposición das zonas deterioradas e disposición dunha nova capa de rodaxe.

AVENIDA BENITO GALCERÁN

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, asegurou que se tratarán de executar os traballos de extensión da nova capa de rodaxe de xeito complementario coas obras da avenida Benito Galcerán. O Concello anunciou que a rúa pechará de novo o vindeiro luns, e abrirase ao tráfico segundo se avance nos traballos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...