O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou de que os casos activos na comarca lucense da Mariña descenderon ata situarse a cifra actual en 26, tralas nove altas rexistradas durante as últimas horas e ningún caso novo.
Desde o servizo de saúde dependente da Consellería de Sanidade sinalaron nun comunicado que baixaron os contactos en seguimento ata un total de 342, unha persoa confinada menos que na xornada de onte.
En canto ás probas PCR efectuadas, realizáronse 5.238 desde que se iniciou o brote, 56 das cales tiveron lugar este xoves, todas negativas.
Dos 26 casos activos, hai unha persoa ingresada no Hospital Público da Mariña.
No tocante ás residencias, no xeriátrico de Xove detectouse semanas atrás un positivo entre o persoal, sin que se localizaran máis casos entre o persoal e os usuarios.