IniciosociedadeA Xunta prohibe fumar na rúa de non mediar distancia e non...

A Xunta prohibe fumar na rúa de non mediar distancia e non ve na Mariña unha “normalización epidemiolóxica”

A normativa entra en vigor esta medianoite trala súa publicación no DOG; mantéñense os límites de aforamento nos locais de ocio nocturno da bisbarra, ao 50% no interior e 75% nas terrazas

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Xunta de Galicia oficializou, coa publicación no Diario Oficial de Galicia, a prohibición de fumar na vía pública e espazos ao aire libre, incluídas terrazas, se non se cumpre coa distancia de seguridade de dous metros pola concorrencia de persoas ou as dimensións do lugar.

A medida impleméntase tras sopesar, sinala o boletín, os “riscos” asociados a esta práctica, e á de vapear, debido á manipulación da máscara, ao contacto repetitivo dos dedos coa boca tras tocar produtos ou utensilios que poderían actuar como transmisor inanimado e á relaxación da preceptiva separación entre persoas. A norma entra en efecto desde esta medianoite.

O Goberno de Alberto Núñez Feijóo tamén ampliou outra semana as restricións que afectan á capacidade dos locais de lecer nocturno na Mariña de Lugo, onde houbo un brote, ao entender que aínda non hai “normalización epidemiolóxica“. Haberá outra nova revisión en sete días e a obrigación dun aforamento limitado ao 50% en interiores e 75% en terrazas afecta a establecementos destas características dos 14 municipios do distrito sanitario: os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. A Xunta documentou este mediodía 30 positivos na bisbarra, e pola tarde informou doutros cinco -para un total de oito- no buque Punta do Xuncos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...