IniciosociedadeResolta a convocatoria 2020-2021 de Fondos Leader do GDR Terras de Miranda

Resolta a convocatoria 2020-2021 de Fondos Leader do GDR Terras de Miranda

Un total de 22 proxectos participaron nesta convocatoria, pasando a trámite a metade dos mesmos, cunha contía en investimento de 3,6 millóns de euros

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda resolveu a convocatoria 2020-2021 de Fondos Leader. Un total de 22 proxectos solicitaron esta subvención, pasando a trámite a metade dos mesmos, cunha contía en investimento de 3,6 millóns de euros. Finalmente, recibirá unha axuda de 187.695 euros, a totalidade do orzamento, un plan de rehabilitación dun edificio en Mondoñedo, para uso residencial público. Este inmoble ofrecerá apartamentos turísticos.

Segundo concreta o GDR Terras de Miranda, ás axudas aos proxectos no seu territorio ascenderon desde o ano 2017 “a un importe de case 2,09 millóns, repercutindo nun investimento no territorio de 6,36 millóns”.

O GDR executará varios proxectos de animación para o desenrolo da súa estratexia de desenvolvemento local. Entre eles, impulsarase o produto de turismo rural e da oferta turística de Terras de Miranda – Turismo de Lugo, proporcionando experiencias paquetizadas centradas neste sector, dirixidas a distintos segmentos da demanda, e fincándose na calidade dos establecementos e nos recursos naturais, patrimoniais e culturais do territorio.

GUÍA TURÍSTICA

Tamén se elaborará unha guía turística do territorio, na que se incluirá toda a información de interese de cada un dos concellos –Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá e Trabada– e realizaranse accións de promoción e comunicación do proxecto, a fin de consolidar o xeodestino como “seguro, saudable e de natureza”, atraendo un turismo “sostible e baseado na autenticidade e na calidade”.

Outro dos obxectivos é colaborar co sector primario e terciario, así como co resto de organismos e institucións, “de cara ao desenvolvemento económico, social e cultural do territorio”, indican desde o GDR.

PLATAFORMA PARA O COMERCIO AGROALIMENTARIO

Realizarase tamén o estudo dunha plataforma dixital de comercialización para o comercio local e produtos agroalimentarios da comarca da Mariña, identificando as Pequenas e medianas empresas (PEMES) que formarán parte da plataforma, incluíndo unha análise das principais empresas de loxística e distribución para ofrecer aos usuarios as mellores condicións e garantir a súa viabilidade.

Os obxectivos son “facilitar a promoción e comercialización online dos produtos locais da Mariña, darlle un impulso a este sector moi prexudicado co Covid-19 e dotar as PEMES ligadas ao rural dunha ferramenta para a xestión e comercialización dos seus produtos a través de internet“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...