IniciosociedadeO número de ingresados con coronavirus na provincia ascende a cinco, un...

O número de ingresados con coronavirus na provincia ascende a cinco, un deles na Uci

O total de positivos activos na área sanitaria de Lugo, Monforte e Burela sobe a 110

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 110, seis máis ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este domingo.

Dos 110 positivos, cinco deles permanecen ingresados nalgún dos centros hospitalarios da área sanitaria lucense; o Sergas non concreta en cales. Hai un paciente nunha Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e catro en planta. Os restantes 105 doentes son seguidos nos seus domicilios.

No tocante ás residencias, documéntase un único caso na comarca, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove, que deu positivo semanas atrás. Non houbo contaxios nin entre o persoal nin entre os usuarios do centro de maiores.

No histórico da provincia producíronse 29 falecementos, seis deles na Mariña. Déronse un total de 1.251 altas, con 1.390 casos acumulados desde o inicio da pandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...