Estabilidade no número de positivos de coronavirus na provincia, 110

Tres dos pacientes contaxiados permanecen en plantas da área sanitaria de Lugo, Burela e Monforte e outro na Uci

Probas de Covid-19 en Burela. CARLOS CASTRO/EP/LUGO XORNAL

O número de casos activos de coronavirus mantense en 110, segundo o reconto oficial ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Destes 110 pacientes de Covid-19, un deles permanece nunha Unidade de Coidados Intensivos (Uci) da área sanitaria de Lugo, Monforte e Burela, mentres que outros tres fican en planta. O Sergas non concreta en que centros hospitalarios están estes doentes. Os restantes 105 son seguidos nos seus domicilios.

No histórico documentáronse na provincia 29 falecementos, seis deles na Mariña; déronse 1.258 altas, e o número de casos acumulados ascende a 1.396.

No tocante ás residencias, documéntase un único positivo na Mariña, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non se localizaron máis casos, nin entre o persoal nin entre os usuarios, despois das PCR realizadas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here