IniciosociedadeLeve suba dos casos de coronavirus na provincia, 113

Leve suba dos casos de coronavirus na provincia, 113

Os cinco ingresados con Covid-19 da área sanitaria son atendidos no HULA, cun paciente na Uci

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo sobe a 113, tres máis dos rexistrados na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Dos 113 positivos, hai cinco persoas ingresadas, todas no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Catro destes doentes permanecen en planta, mentres que un é atendido na Unidade de Coidados Intensivos (Uci). Non hai presión asistencial por Covid-19 neste momento, segundo os datos que comunica Sergas, sobre o Hospital Público da Mariña.

No histórico da provincia desde o inicio da pandemia documéntanse 29 falecementos, seis deles na Mariña, ademais da morte dun varón que pereceu na Uci do centro hospitalario de Burela tras ingresar por coronavirus e superar a enfermidade durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 1.260 altas, e o número de casos acumulados ascende a 1.402.

No tocante ás residencias, documéntase un único positivo na Mariña, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non se localizaron máis contaxios nin entre o persoal nin entre os usuarios do centro de maiores.

Por último, os once mariñeiros -oito deles positivos- que permanecían confinados no Punta do Xuncos, palangreiro amarrado no porto de Burela, completaron con éxito a corentena, dando negativo nas últimas probas realizadas.

1.505 POSITIVOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.505, deles 921 son da área da Coruña, 113 da de Lugo, 131 da de Ourense, 75 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 67 da de Santiago e 59 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 permanecen en Uci, 55 en unidades de hospitalización e 1.444 no domicilio. Polo de agora, en Galicia déronse un total de 11.625 altas, rexistrándose 625 falecementos.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...