IniciosociedadeO número de contaxios segue disparado na provincia: 33 casos novos e...

O número de contaxios segue disparado na provincia: 33 casos novos e dúas altas en 24 horas

Documéntanse 352 positivos na área lucense; o brote nunha familia de Barreiros, con catro persoas infectadas, "semella controlado" á espera dos resultados de varias PCR

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo continúa en aumento. Segundo o reconto ofrecido na mañá deste martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), documéntanse 352 positivos, 31 máis ca na anterior actualización. Son 33 contaxiados novos na área lucense, mentres que dous recibiron a alta.

Dos 352 casos, seis están ingresados, todos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), dous deles na Unidade de Coidados Intensivos (Uci). Un total de 344 pacientes permanecen en seguimento domiciliario.

A nivel histórico, na provincia documéntanse 32 falecementos desde o inicio da pandemia, seis deles na Mariña, ademais da morte dun varón que ingresou por Covid-19 en Burela e faleceu na Uci do Hospital da Costa malia superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.301 altas, con 1.685 casos acumulados.

No tocante ás residencias, documéntase un positivo na residencia de Xove, o dunha traballadora. Esta obreira segue en illamento e non recibiu por agora a alta, como publicou por erro o Xornal da Mariña. Non houbo contaxios nin entre o persoal nin entre os usuarios do centro de maiores San Bartolomeu.

No tocante ao brote nunha unidade familiar detectado en Barreiros, onde se localizaron catro positivos, fontes do goberno local barreirense aseguran que segundo a información facilitada polo Sergas o brote “semella controlado”. Á espera de resultados de varias PCR realizadas, polo de agora non se documentaron máis casos nin no ámbito familiar, entre os contactos máis directos, nin nun cámping do municipio no que traballa unha das persoas contaxiadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...