IniciosociedadeDispáranse os casos de coronavirus na provincia: 95 positivos novos, seis altas...

Dispáranse os casos de coronavirus na provincia: 95 positivos novos, seis altas e o dobre de ingresados ca onte

Un total de 49 contaxios foron localizados na residencia do Incio, onde hai segundo os últimos datos 87 maiores e 26 traballadores infectados

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo continúa disparado. O reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta 441 positivos na área de Lugo, A Mariña e Monforte, 89 máis ca na última actualización. Con todo, o número de contaxios novos é maior, 95 en apenas 24 horas, xa que nese mesmo intervalo de tempo producíronse nove altas.

Destes 89 casos máis, 49 foron localizados na residencia do Incio, onde hai segundo os últimos datos 87 maiores e 26 traballadores infectados, para un total de 113 positivos. Nos xeriátricos da comarca hai un único caso, o dunha obreira do xeriátrico San Bartolomeu de Xove.

Por agora non trascenderon novos positivos no brote familiar de Barreiros, onde se documentan catro casos, segundo confirmaron fontes do goberno municipal.

Dos 441 pacientes hai doce hospitalizados, o dobre ca onte. Once deles permanecen no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), dous deles na Unidade de Coidados Intensivos (Uci), e un no Hospital de Monforte. Un total de 429 doentes son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia producíronse 32 falecementos, seis deles na Mariña, ademais da morte dun varón que ingresou no Hospital da Costa por Covid-19 e faleceu na Uci de Burela malia superar a enfermidade no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.307 altas e houbo 1.780 casos acumulados.

218 CASOS MÁIS EN GALICIA, PARA 2.798

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.798 deles 1.275 son da área da Coruña, 441 da de Lugo, 243 da de Ourense, 165 da de Pontevedra, 177 da área de Vigo, 382 da de Santiago e 115 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en Uci, 84 en unidades de hospitalización e 2.701 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.086 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos. O número de PCR realizadas é de 312.766.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...