IniciosociedadeA provincia roza os 60 ingresados con Covid-19, tres deles na Mariña

A provincia roza os 60 ingresados con Covid-19, tres deles na Mariña

Nas últimas 24 horas déronse 38 altas e localizáronse 44 casos novos, para un total de 810 positivos na área lucense

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 810, seis máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas déronse un total de 38 altas, do que se deduce que se documentaron 44 novos positivos.

Dos 810 positivos, 58 permanecen ingresados, un máis ca onte. Deles, 54 fican no HULA, catro en coidados intensivos, mentres que tres pacientes son atendidos no Hospital Público da Mariña e outro en Monforte, todos en planta. Hai 752 doentes illados nos domicilios.

No histórico da provincia desde o inicio da pandemia documéntanse 48 falecementos, tras tres novas mortes de persoas ingresadas no HULA, dúas delas usuarias da residencia do Incio.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.522 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.380.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, detectouse un único caso na Mariña, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon se localizaron máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. A nivel provincial, os datos de contaxiados son os seguintes:

MAIORES

82 Residencia O Incio (O Incio)

46 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

33 Residencia O Incio (O Incio)

8 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.175, 38 máis ca onte; deles 1.424 son da área da Coruña, 810 da de Lugo, 429 da de Ourense, 323 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 688 da de Santiago e 157 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en Uci, 187 en unidades de hospitalización e 3.971 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 13.649 persoas curadas, rexistrándose 659 falecementos. O número de PCR realizadas é de 363.957.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...