IniciosociedadeTrece ingresados máis na provincia en 24 horas; o Hospital da Mariña...

Trece ingresados máis na provincia en 24 horas; o Hospital da Mariña atende tres pacientes con Covid-19

O número de casos activos é de 804, con 53 positivos e 45 altas desde a última actualización

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 804, oito máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son en realidade 53 positivos novos na área de Lugo, A Mariña e Monforte nas últimas 24 horas, pois no mesmo período déronse un total de 45 altas.

No tocante á presión asistencial, hai 57 ingresados na provincia de Lugo, trece máis ca onte. Un total de 53 permanecen no HULA, catro deles na Uci, mentres que hai tres hospitalizados no Hospital Público da Mariña, un máis ca na última actualización, e un en Monforte, estes catro en planta.

No histórico da provincia desde o inicio da pandemia documéntanse 45 falecementos.  Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos.  Déronse 1.484 altas, e o total de casos acumulados é de 2.333.

RESIDENCIAS

No relativo ás residencias, detectouse un único caso na Mariña, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non se localizaron máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. A nivel provincial, os datos de contaxiados son os seguintes:

MAIORES

84 Residencia O Incio (O Incio)
46 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES
1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
34 Residencia O Incio (O Incio)
8 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

EN GALICIA, 55 CASOS MÁIS PARA 4.137

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.137 deles 1.446 son da área da Coruña, 804 da de Lugo, 417 da de Ourense, 308 da de Pontevedra, 337 da área de Vigo, 677 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en Uci, 177 en unidades de hospitalización e 3.943 no domicilio. Polo de agora, en Galicia 13.438 persoas recibiron a alta, rexistrándose 656 falecementos. O número de PCR realizadas é de 359.055.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...