IniciosociedadeBaixa de tres pacientes a un a presión asistencial por Covid-19 no...

Baixa de tres pacientes a un a presión asistencial por Covid-19 no Hospital da Mariña

O número de casos activos na provincia segue en descenso, con 19 positivos novos e 40 altas nas últimas 24 horas, para un total de 772 contaxiados

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue en descenso: son 772, 21 menos ca onte. Nas últimas 24 horas déronse 40 altas, polo que os positivos novos detectados nese mesmo período ascenden a 19.

Dos 772 casos activos, 62 están ingresados. A presión asistencial baixa no Hospital Público da Mariña, que pasou de ter tres a un único paciente con Covid-19; en Monforte son atendidos catro doentes e 16 no Polusa, todos eles en planta; 41 permanecen no HULA, catro deles en coidados intensivos. Outras 711 persoas con coronavirus permanecen nos seus domicilios da provincia.

No histórico da área lucense documentáronse 67 falecementos, tras tres mortes nas últimas 24 horas, as tres de usuarias da residencia de Outeiro de Rei.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. No histórico déronse 1.971 altas e os casos acumulados superan os 2.800: 2.810.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

58 Residencia O Incio (O Incio)

138 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

36 Residencia O Incio (O Incio)

23 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

CASE 700 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.301 (37 máis ca onte); deles 1.246 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 552 da de Pontevedra, 373 da área de Vigo, 673 da de Santiago e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en Uci, 220 en unidades de hospitalización e 4.051 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.651 persoas curadas, rexistrándose 694 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 86 anos, que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 401.119.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...