IniciosociedadeVinte un casos novos e 48 altas para 745 positivos na provincia,...

Vinte un casos novos e 48 altas para 745 positivos na provincia, 54 deles ingresados

Os falecidos na área lucense ascenden a 74 tras unha semana nefasta, con 17 vítimas mortais; dous pacientes Covid-19 permanecen ingresados no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 745, 27 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Sergas. Tendo en conta que nas últimas 24 horas déronse 48 altas, o número de positivos novos nese mesmo período foi de 21.

Das 745 persoas contaxiadas, 54 permanecen ingresadas. Dúas son atendidas no Hospital da Mariña, tres en Monforte e 13 no Polusa, todas en planta. Un total de 36 pacientes fican no HULA, entre eles os únicos tres en coidados intensivos de toda a área lucense. Outros 691 doentes pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 74 falecementos, o último o dun home de 89 anos ingresado no HULA.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 2.074 altas e o acumulado de casos ascende a 2.893.

No tocante ás residencias,  na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea

58 Residencia O Incio (O Incio)

138 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

35 Residencia O Incio (O Incio)

23 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral (Castro de Rei)

705 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.317 (once máis) deles 1.237 son da área da Coruña, 745 da de Lugo, 511 da de Ourense, 611 da de Pontevedra, 406 da área de Vigo, 631 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 209 en unidades de hospitalización e 4.076 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.297 persoas curadas, rexistrándose 705 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foro un varón de 89 anos que estaba ingresada no Hospital Lucus Augusti, mencionado con anterioridade, e un home de 86 anos que estaba ingresado no CHUAC. Os dous presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 416.411.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...