IniciosociedadeUn positivo no Ceip Fondo Nois eleva a tres os casos de...

Un positivo no Ceip Fondo Nois eleva a tres os casos de Covid-19 entre o alumnado da Mariña

O número de contaxiados na provincia baixa a 640, con 53 altas e 16 novos infectados, pero as mortes aumentan a 84

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Educación informou este xoves dun novo positivo por coronavirus entre o alumnado dos centros educativos da Mariña Lucense, neste caso do Ceip Fondo Nois de Foz. Segundo a información da Xunta de Galicia, non foi necesaria a clausura dunha aula por mor deste novo caso, que se suma aos localizados días atrás no CPR Sagrado Corazón de Ribadeo e no Ceip O Cantel, tamén do municipio focego.

Segundo os datos proporcionados polo Goberno autonómico, estes son os casos activos nos centros educativos da provincia de Lugo:

BALEIRA CEIP Concepción López Rey 1 (positivos) 0 (aulas pechadas) 0 (centros pechados)
CASTROVERDE CEIP Plurilingüe de Castroverde 1 0 0
CHANTADA CEIP Xoán de Requeixo 1 0 0
FOZ CEIP O Cantel 1 0 0
FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FRIOL CPI DR. López Suárez 1 0 0
GUITIRIZ IES Poeta Díaz Castro 1 0 0
LUGO CPR Fingoi 1 1 0
LUGO CEIP Benigno Quiroga Ballesteros 1 0 0
LUGO IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 1 0 0
LUGO IES Sanxillao 1 0 0
LUGO CPR Plurilingüe La Milagrosa 1 0 0
LUGO CPR Plurilingüe San José 1 0 0
LUGO CPR Plurilingüe Padres Franciscanos 2 0 0
LUGO CPR Plurilingüe La Inmaculada 2 0 0
LUGO CEIP As Gándaras 3 0 0
LUGO CEE Santa María 1 1 0
O INCIO CEIP Ricardo Gasset 1 0 0
PEDRAFITA DO CEBREIRO CPI Uxío Novoneyra 1 1 0
RIBADEO CPR Sagrado Corazón 1 0 0
SARRIA IES Xograr Afonso Gómez de Sarria 1 0 0

BAIXA O NÚMERO DE INGRESADOS, PERO AUMENTA A PRESIÓN SOBRE A UCI DO HULA

O número de positivos activos na provincia de Lugo baixa a 640, 39 menos ca onte, segundo a última actualización de datos ofrecida pola Xunta de Galicia. Nas últimas 24 horas déronse un total de 53 altas, do que derivan 16 novos casos localizados no mesmo período.

Dos 640 contaxiados, 49 permanecen ingresados. Un paciente Covid-19 é atendido no Hospital Público da Mariña, outro en Monforte, nove no Polusa -todos eles en planta- e 38 no HULA, entre eles os cinco doentes da área lucense que precisan coidados intensivos. Un total de 591 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da pandemia na provincia, o número de falecementos ascende a 84, despois das mortes dun home de 87 anos no HULA; e dunha muller da área sanitaria de Lugo, de 88 anos, no seu domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 84 falecementos. Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 2.292 altas e o total de casos acumulados ascende a 3.016 polos 3.000 de onte (dezaseis novos e dous falecementos).

RESIDENCIAS

No relativo ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

58 Residencia O Incio (O Incio)

131 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)  

35 Residencia O Incio (O Incio)  

24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)  

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral (Castro de Rei)

1 Residencia de atención a persoas gravemente afectados de parálise e dano cerebral da Cruz Vermella (Castro de Rei)

726 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.461 (un máis ca onte); deles 1.113 son da área da Coruña, 640 da de Lugo, 659 da de Ourense, 760 da de Pontevedra, 502 da área de Vigo, 608 da de Santiago, e 179 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 están en Uci, 200 en unidades de hospitalización e 4.227 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.572 persoas coa alta, rexistrándose 726 falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios son un home de 93 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín e un home de 87 anos que estaba ingresado no HULA; ademais, engádese o falecemento, no seu domicilio da área sanitaria de Lugo, dunha muller de 88 anos, estes dous últimos mencionados con anterioridade. Todos eles con patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 446.098.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...