O Hospital Público da Mariña está libre de pacientes Covid-19, segundo a información facilitada este venres polo Sergas. A Consellería de Sanidade documenta 630 casos de coronavirus na provincia, de acordo co último reconto, dez menos ca na anterior actualización. Nas últimas 24 horas déronse 41 altas, polo que o número de casos novos é de 31.
Dos 630 casos, 49 están ingresados, 35 no HULA -cinco deles en coidados intensivos- e nove no Polusa, todos en planta. Un total de 581 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.
No histórico da provincia houbo 84 falecementos.
Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariña, sete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 2.333 altas e o total de casos ascende a 3.047.
COLEXIOS E INSTITUTOS
No tocante aos centros educativos, non se documentaron máis positivos na Mariña desde a anterior actualización.
CASTROVERDE CEIP de Castroverde 1 (positivos) 0 (aulas pechadas) 0 (centros pechados)
CHANTADA CEIP Xoán de Requeixo 1 0 0
FOZ CEIP O Cantel 1 0 0
FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FRIOL CPI DR. López Suárez 1 0 0
GUITIRIZ IES Poeta Díaz Castro 1 0 0
LUGO CEIP das Mercedes 1 0 0
LUGO CPR Fingoi 1 1 0
LUGO CEIP Benigno Quiroga Ballesteros 1 0 0
LUGO IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 1 0 0
LUGO IES Sanxillao 1 0 0
LUGO CPR Plurilingüe La Milagrosa 1 0 0
LUGO CPR Plurilingüe San José 1 1 0
LUGO CPR Plurilingüe Padres Franciscanos 2 0 0
LUGO CPR Plurilingüe La Inmaculada 2 0 0
LUGO CEIP As Gándaras 3 0 0
LUGO CEE Santa María 1 1 0
O INCIO CEIP Ricardo Gasset 1 0 0
PEDRAFITA DO CEBREIRO CPI Uxío Novoneyra 1 1 0
RIBADEO CPR Sagrado Corazón 1 0 0
RESIDENCIAS
Tampouco hai cambios nas residencias da bisbarra. Na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:
USUARIOS
58 Residencia O Incio (O Incio)
131 Residencia DomusVi Lugo
TRABALLADORES
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)
2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
35 Residencia O Incio (O Incio)
24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral de Fudace (Castro de Rei)
1 Residencia de atención a persoas gravemente afectados de parálise e dano cerebral da Cruz Vermella (Castro de Rei)
4.452 CASOS EN GALICIA, NOVE MENOS
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.452 (nove menos ca onte); deles 1.109 son da área da Coruña, 630 da de Lugo, 668 da de Ourense, 784 da de Pontevedra, 511 da área de Vigo, 578 da de Santiago, e 172 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.210 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.802 persoas coa alta, rexistrándose 726 falecementos. O número de PCR realizadas é de 452.649.