IniciosociedadeViveiro ten 12 casos cun "pequeno" foco familiar; descártanse un brote e...

Viveiro ten 12 casos cun “pequeno” foco familiar; descártanse un brote e medidas extraordinarias

Oito dos casos corresponden á última semana e catro aos tres últimos días; trátase de positivos "importados de estudantes universitarios" procedentes de "distintas cidades"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro concretou que o número de casos de coronavirus no municipio ascende a doce, dos que oito corresponden á última semana e catro casos aos tres últimos días. Trátase, segundo expón o goberno municipal, de positivos “importados de estudantes universitarios en distintas cidades, nos que nun caso concreto se está dando unha pequena transmisión familiar“.

O equipo de goberno descarta polo tanto “que esteamos ante un brote” e subliña que o número de afectados “é baixo atendendo á poboación do municipio e, de feito, non se vai establecer ningunha medida extraordinaria, como está acontecendo noutros concellos”. Son “pacientes que se atopan ben, que están a ser controlados e que seguen realizando probas”, precisa a alcaldesa, María Loureiro.

Loureiro quixo enviar “unha mensaxe de tranquilidade” despois de que entrevistarse con Ramón Ares, xerente da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, para coñecer os datos de afectados pola Covid-19 neste concello. O Concello quere “insistir” na necesidade de cumprir as medidas de seguridade como o uso da máscara, gardar as distancias de seguridade e manter unha correcta hixiene de mans.

“A situación require da responsabilidade social de todos e todas para non baixar a garda e evitar a propagación do virus, debendo agradecer a todos os veciños e veciñas polo seu comportamento excepcional dende o inicio da pandemia”, conclúe Loureiro.

A OBREIRA DE DOMUSVI INFECTADA NON ACUDIU TRABALLAR DESDE O POSITIVO DUN FAMILIAR DIRECTO

A Consellería de Política Social informou este xoves dun positivo entre o persoal da residencia DomusVi Viveiro, sen que trascenderan polo momento máis casos nin entre as traballadoras nin entre os usuarios. Segundo concretaron fontes municipais, “non hai preocupación nin alerta” dado que a obreira contaxiada “xa se sometera a corentena” despois de que un familiar directo resultase infectado, de xeito que levaba “varios días sen acudir ao traballo e sen contacto cos maiores”.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...