IniciosociedadeEstabilidade en Viveiro, con doce positivos e contaxios "inconexos" en varias familias

Estabilidade en Viveiro, con doce positivos e contaxios “inconexos” en varias familias

Nas últimas 24 horas localizáronse 30 positivos novos e déronse 21 altas; 24 pacientes Covid-19 permanecen ingresados, un deles no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumentou a 475, oito máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse 30 positivos novos, déronse 21 altas e produciuse un falecemento, o dun home de 85 anos ingresado no HULA. Segundo informou o goberno local de Viveiro, no municipio viveirense mantense a estabilidade, con doce infectados e en nivel amarelo -por sete PCR positivas na última semana-, sen que se detectasen contaxios nin curacións.

Segundo concretou a responsable do Hospital Público da Mariña, María José Cortés Canay, no municipio conflúen “varios contaxios familiares inconexos“, cunha pequena transmisión nalgún caso que non se detectou fóra do ámbito familiar. “Estanse facendo os estudos de contactos, pero son casos independentes entre eles, algúns relacionados coa volta dos estudantes universitarios ás súas casas”.

Dos 475 casos de Covid-19 na área lucense, 24 permanecen ingresados: 21 deles son atendidos no HULA, entre eles os cinco lucenses que requiren de coidados intensivos; Hospital Público da Mariña, centro hospitalario de Monforte e Polusa teñen un doente infectado.

Coa morte rexistrada onte, no histórico da provincia documéntanse 92 falecementos, con 2.937 altas e 3.504 positivos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da Mariña, hai un único positivo confirmado onte, no xeriátrico de DomusVi Viveiro. Segundo concretou o Concello, a traballadora contaxiada levaba días sen traballar tras detectarse un positivo entre os seus familiares directos. Por outra banda, a obreira do centro de maiores San Bartolomeu (Xove) que contraeu o Covid-19 recibiu a alta.

MAIORES

129 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

9 Residencia O Incio

11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia DomusVi Viveiro

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da comarca tampouco se localizan casos. Podes consultar o listado a nivel galego no seguinte pdf. 20201016DatosEscolasInfantísCentrosEducativos

808 FALECEMENTOS A NIVEL GALEGO

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.680 (111 máis); deles 784 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.601 da de Ourense, 401 da de Pontevedra, 592 da área de Vigo, 660 da de Santiago, e 167 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 41 están en Uci, 231 en unidades de hospitalización e 4.408 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.788 persoas curadas, rexistrándose 808 falecementos. O número de PCR realizadas é de 572.690.

RIBADEO PIDE ÁS ASOCIACIÓNS NON USAR AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS E SUSPENDE AS ESCOLAS DEPORTIVAS

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, emitiu dous bandos con respecto ao Covid-19 malia que subliña que, segundo os datos que publica a Xunta, este concello é un dos que rexistra pouca ou nula existencia de veciños e veciñas afectados por coronavirus.
Aínda así, o goberno local recomenda encarecidamente ás asociacións e agrupacións veciñais non facer uso das distintas instalacións municipais distribuídas pola vila e polas parroquias, co obxectivo de extremar as precaucións. Tamén informa de que as Escolas Deportivas Municipais quedan aprazadas ata novo aviso e solicita que non se realicen tampouco en Ribadeo adestramentos colectivos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...