IniciosociedadeViveiro sae da alerta 1 e non hai concellos da Mariña con...

Viveiro sae da alerta 1 e non hai concellos da Mariña con sete ou máis casos novos na última semana

O número de positivos na provincia ascende a 497, con 24 contaxios desde onte; 21 permanecen ingresados, un deles no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 497, 14 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse 24 positivos novos por PCR. O municipio de Viveiro volveu ao nivel 0 de alerta tras varias altas despois de que nos últimos 14 días se confirmasen doce infeccións.

Das 497 persoas contaxiadas na área lucense, 21 permanecen ingresadas. Dezanove son atendidas no HULA, entre elas as tres de toda a provincia que requiren coidados intensivos; o Hospital Público da Mariña coida dun paciente Covid-19, mentres que o centro hospitalario de Monforte ten outro.

No histórico da provincia documéntanse 92 falecementos, con 3.048 altas e 3.637 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia; neste período fixéronse 69.400 PCR.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, localízase un único caso nos xeriátricos da Mariña, o dunha traballadora de Domusvi Viveiro.

MAIORES

13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
2 Residencia O Incio
11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro

4 Residencia Domusvi Bóveda
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da comarca non se localizan positivos, nin entre o persoal nin entre o alumnado, segundo o reconto do Sergas.

GALICIA ACUMULA 5.215 POSITIVOS E 831 MORTES

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.215 (114 máis), deles 876 son da área da Coruña, 497 da de Lugo, 1.479 da de Ourense, 481 da de Pontevedra, 831 da área de Vigo, 813 da de Santiago, e 238 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en Uci, 277 en unidades de hospitalización e 4.891 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.812 persoas curadas, rexistrándose 831 falecementos (nove máis). O número de PCR realizadas é de 596.335.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...