IniciosociedadeCaduca a licenza urbanística dos dous esqueletes da zona de Galdín, en...

Caduca a licenza urbanística dos dous esqueletes da zona de Galdín, en San Cibrao

Este trámite, relativo ás estruturas da Rúa Bellavista, de Construcciones Os Molineros S.L. e da Inmobiliaria Pasillo Verde S.L., concluíu e xa non cabe posibilidade de recurso

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo avanza nos trámites relativos aos esqueletes erguidos na zona de Galdín. Este martes anunciou a caducidade da licenza urbanística das dúas estruturas que están situadas na Rúa Bellavista, que foran outorgadas no  seu momento a Construcciones Os Molineros S.L. e á Inmobiliaria Pasillo Verde S.L., respectivamente, entre os anos 2006 e 2007.

O rexedor, o popular Alfonso Villares, sostén que unha vez concluído o trámite “queda probado que non existe ningún tipo de actividade nestas edificacións desde hai moito tempo; xa non hai ningún permiso en vigor que ampare as construcións “que están á marxe da legalidade”, nin cabe recurso. O seguinte chanzo do proceso será iniciar o expediente para a reposición da legalidade urbanística.

Villares esgrime que “aínda que o proceso é complexo”; estamos a dar os pasos oportunos, sen demora, para lograr o obxectivo, “traballando para beneficio de todos os cervenses, por motivos de seguridade e tamén de ornato público”.

CARA O DERRUBO DAS EDIFICACIÓNS, EXEMPLO DA BURBULLA INMOBILIARIA

A licenza urbanística do esqueleto de Pasillo Verde foi concedida no ano 2006-2007, e contemplaba a construción de 15 edificios destinados a vivendas, locais, garaxes e tendedeiras. O prazo de finalización establecido era de seis anos, que foron incumpridos amplamente, xa que o edificio tiña que estar rematado en 2012.

A licenza urbanística da edificación dos Molineros foi concedida no ano 2006, e amparaba a realización da construción dun edificio de 180 vivendas, garaxes e rochos; nun total de 22.926 metros cadrados. O prazo de finalización fixado era de tres anos, tendo que ter finalizado no 2009, polo que tal e como reflicten os informes pertinentes, incumpríronse amplamente os prazos, conclúe o Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...